ALTAMIRA BRILLA 2025 (Batalla de Altamira) | AVISO IMPORTANTE
ADÍASE ATA NOVO AVISO a programación de actividades de ALTAMIRA BRILLA 2025 prevista para o venres 13 de xuño, por mor das malas previsións meteorolóxicas.
A programación de actividades do sábado 14 de xuño manterase sen cambios.
A través deste medio e do portal web municipal, informaremos á cidadanía sobre calquera novidade ao respecto desta actividade.
"Altamira Brilla" regresa para celebrar a súa cuarta edición cun amplo programa de actividades divididos en dous días que inclúe a actuación dos grupos de Pandereteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo CARMELA, unha ruta teatralizada polos escenarios mais significativos da batalla e representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns. Todo no impresionante marco escénico que conforman as Torres de Altamira, no lugar de A Torre (Brión).
VENRES 13 DE XUÑO
20:00h. Actuación do grupo de pandeireteiras da Costaneira de Ames
20:30h. 20.30 h Actuación do grupo da Escola Municipal de Pandeireta de Brión
21:00h. Concerto do grupo CARMELA (reserva gratuíta de invitacións en: billeteira.concellodebrion.gal)
SÁBADO 14 DE XUÑO
1. Ruta teatralizada polos escenarios da Batalla. Combinaranse tramos e pé e en autocar cun percorrido polos escenarios da Batalla de Altamira (Augapesada, Ponte Maceira, Trasmonte e As Torres)
16:30h. Saída en autocar da Carballeira de Santa Minia (Brión)
16:45h. Saída en autocar do Pazo da Peregrina (Ames)
17:00h. Inicio da ruta desde Augapesada (Ames)
20:00h. Remate da ruta nas Torres
22:00h. Regreso do autocar aos lugares de orixe
Para inscribirse na ruta é necesario enviar un mail a rutabatallaaltamira@gmail.com
2.- Representación teatral a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS
20:30h. Presentación e contextualización
21:00h. Representación teatral (reserva gratuíta de invitacións en: billeteira.concellodebrion.gal)