25-11-2023
     
20:30h.
Carballeira de Santa Minia

Andaina do Terror 2023

⚠️ 𝗨́𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔𝗦 𝟱𝟬 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗗𝗜𝗦𝗣𝗢𝗡̃𝗜𝗕𝗟𝗘𝗦 ⚠️

Logo de valorar a gran cantidade de chamadas durante a mañan de hoxe de persoas interesadas en anotarase a ANDAINDA DO TERROR a organización decidiu ampliar unha nova cota de 50 praza, completando así un total de 300 prazas ofertadas.

Este será a última ampliación de prazas previstas e non admitiremos mais persoas logo de que se esgoten.

Moitas grazas pola acollida.

Debido a gran demanda que está a suscitar a ANDAINA DO TERROR, a organización decidiu ampliar a cota en 50 prazas sobre as 200 previstas nun primeiro momento. Por motivos loxísticos e de organización unha vez completadas as 250 prazas pecharemos e non admitiremos mais inscricions.

A Asociación O Esquío no Piñeiro en colaboración co Concello de Brión teñenche preparada unha noite terrorífica. Atréveste?

DATA: 25 de Novembro de 2023
SAÍDA: as 20:30h. da Carballeira de Santa Minia (Brión)
DISTANCIA: 5 km. aprox. / Dificultade baixa
INSCRICIÓN: Ata o 22 de Novembro na seguinte ligazón: https://i.gal/AndainaTerror23
COTA: 12€ / Menores de 10 anos: 6€

Inclúe: Andaina teatralizada, agasallo conmemorativo e chocolatada ao remate.

Necesario traer Lanterna

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-11-25
Documentos