22-04-2022
     
18:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Aprendendo a querer. Contacontos con Trinketrinke Teatro

Trinketrinke Teatro presenta en Brión o espectáculo "Aprendendo a querer", un serán contacontos para celebrar o 23 de abril, Día do Libro.

Sinopse:
Os ratos e ratiñas de Lonxedetodo saben da importancia de tratárense os uns aos outros con respecto, coidado e cariño. Saben que isto é fundamental para teren unha boa saúde afectiva e para establecer cos demais relacións afectivas sas, arredándose de relacións de dominio, dependencia ou abuso. E hai contos que nos axudan a identificar unhas e outras.

Data e hora: 22 de abril ás 18:00 h.

Lugar: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Destinatarios: Público infantil de 4 a 10 anos de idade.

Entrada de balde ata completar o aforo. Reservas: enviando unha mensaxe de correo ao enderezo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org. Indicar o nome dun adulto, un número telefónico de contacto e a cantidade de localidades a reservar.

Fecha Fin
2022-04-22