ABERTO NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS E DEPORTIVAS

O departamento de Cultura e Deportes vén de abrir un novo prazo de inscrición nas Escolas Culturais e Deportivas municipais. Co remate do primeiro cuadrimestre en xaneiro quedan algunhas prazas libres, co cal as persoas interesadas teñen a posibilidade de inscribirse nalgunha destas prazas. Deste xeito, poden formalizar a matrícula todas aquelas persoas que non o fixeron na quenda anterior.

Os/as interesados/as poden solicitar praza nas actividades ofertadas ata o venres 1 de marzo.

Máis información no tlfn.: 981 50 99 08 (Casa da Cultura)