09-11-2023
     
10:00- 11:30 h.
Escolas Infantís de Sabaxáns (Bastavales) e de Os Ánxeles

BRIÓN INCLÚE: CONTOS PARA ENTENDER(NOS) MELLOR - CRIS DE CALDAS

Cris de Caldas presenta "Contos para entendernos mellor"

Día: xoves, 9 de novembro

Dous pases para o alumnado das escolas:

  • 10:00 h. - Escola de Educación Infantil de Sabaxáns (Bastavales)
  • 11:30 h. - Escola de Educación Infantil de Os Ánxeles

SINOPSE:

Unha proposta para o afondamento en nós mesmos e de achegamento ás persoas do noso carón, respectando as diferencias que nos fan tan diversos pero tan semellantes ao tempo. Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela para que comera, para que non comera tanto, para que deixara de gabear polas árbores, para que levantara o cu, para que falara, para que calara... Deste xeito, aprendeu que había un conto para cada ocasión.

Fecha Fin
2023-11-09