03-11-2023
     
11:00 e 12:30 h.
Centro Social Polivalente de Brión

BRIÓN INCLÚE: DON GELATI - DANI GARCÍA

Dani García presenta o seu espectáculo "Don Gelati"

Data: venres, 3 de novembro
Horas: 11:00 e 12:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

Publico ao que está dirixido: Pases para colectivos de persoas con diversidade funcional da comarca.

SINOPSE:

Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e cun entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa, sinxelo e directo, con gran mobilidade, sen necesidades técnicas externas e practicamente sen límites para a fantasía.

Fecha Fin
2023-11-03