17-09-2021
     
Centro Social Polivalente

CICLO FEGATEATRO: "LUME" DE TEATRO DO AR

A compañía Teatro do Ar presenta en Brión o seu espectáculo "Lume"

Sinopse:

A vila de Neira experimentou un gran crecemento nos últimos anos. A chegada da industria conserveira e os bos resultados dos comuneiros na venda de cabalos e terras fai que se viva unha idade de ouro. Con cartos todo parece bonito, pero tamén traen moitos cambios e rancores.
Neira xa non é como antes e non todos levan ben a transformación da vila. A tensión é moi grande e só precisa algo de lume para estoupar. O incendio comeza o día que a metade dos cabalos dos comuneiros aparecen mortos sen causa aparente.
Lume foi finalista do certame Xuventude Crea que organiza a Xunta de Galicia en 2020.

Drama máxico. Público novo e adulto. Duración aprox.: 70 min.

Data e hora de celebración: venres, 17 de setembro ás 20:30 h.

Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de localidades: A través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.
Enviar mensaxe cos nome/s do/s asistente/s, NIF e teléfono de contacto.

#aculturaesegura. Espectáculo que respecta as medidas recomendadas para garantir a seguridade do serán teatral.

Fecha Fin
2021-09-17