12-02-2026
     
18:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

DENDE ROSALÍA - A XANELA DO MAXÍN

Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, a biblioteca municipal convídanos a participar nunha actividade de dinamización dirixida a toda a familia: "Dende Rosalía". Un serán a cargo do grupo "A Xanela do Maxín"

Un percorrido emocionante pola historia literaria de Galicia da man das súas grandes creadoras. Nunha combinación de teatro, poesía, música e pequenas sorpresas escénicas, hologramas e personaxes fantásticos conviven para mostrar que estas mulleres non só fixeron historia, senón que continúan inspirando ás xeracións máis novas.

DATA: xoves 12 de febreiro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Espectáculo infantil/familiar
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-02-12