ENTROIDO 2026 EN BRIÓN
Don Carnal retorna a Brión para chamar á veciñanza a vivir o Entroido. A festa celebrarase outra vez na Rúa Tarrío, ao carón do Parque Cuberto de Lamiño. Así, a xornada incluirá o gran desfile, o concurso de disfraces e o baile, amenizado pola ORQUESTRA ESCAPARATE.
Data e hora de celebración: Domingo 15 de febreiro, dende as 16:30 h.
Desfile: Concentración no Pavillón Polideportivo Municipal de onde sairá as 16:30h., acompañados da CHARANGA OS CELTAS, para percorrer o Paseo de Pedrouzos e a Rúa Tarrío ata o Parque de Lamiño.
Concurso: con máis de 2.500,00€ en premios. Consulta as BASES.
Inscrición: Dende o día 26 de xaneiro ata o 12 de febreiro. A mesma poderá realizarse persoalmente na Casa da Cultura ou por correo electrónico a cultura@concellodebrion.gal