18-11-2023
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2023 - Teatro de Cámara DITEA: “Nice to Kill You"

O grupo Teatro de Cámara DITEA presenta en Brión a obra "Nice to Kill You"

DATA: sábado 18 de novembro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Todos na mansión tiñan motivos para asasinar a Sir John Oswald Pemberton III, decimo segundo Duque de Westland Court… ou é Sir John Oswald Pemberton XII, terceiro Duque de Westland Court? O xardineiro renegaba de Sir Jonh… o que sexa! dende que este negouse a prestarlle cartos para cubrir as súas perdas no xogo; a Sra. Williams, a cociñeira, ía ser despedida por usar demasiada carne no pastel de peixe; James, o mordomo, arruinouse ao seguir un mal cosello de Sir Jonh; a súa irmá xamais lle perdoou casar en segundas nupcias cunha raposa; Lady Pemberton herdará unha gran fortuna e un moble bar ben fornecido coa morte do seu home; e que dicir da criada por horas, Sarah Collins e do seu “asesor legal” Fran Ferguson? O detective Cameron Brown enfrontarase a todos eles para esclarecer quen esta detrás da morte de Sir Jonh.

Xénero: Comedia. Público adulto. Duración: + 50 min.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

Fecha Fin
2023-11-18