22-10-2021
     
Sala Municipal de Exposición de Brión

LER CONTA MOITO: MOC MOC MERE CLOWN "CIRCO NA CASA"

Para celebrar o mes das bibliotecas, a BPM de Brión presenta o cuarto de cinco espectáculos que van celebrarse ao longo do mes de outubro:

"Circo na casa" con Moc Moc MeRe Clown

Sinopse:
Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas hai que repartilas e para el non son aburridas en absoluto. A roupa sae voando, o chan é imposible de limpar e sae dunha lea para meterse noutra. Todo isto enlazado con malabares, equilibrios imposibles e moito humor absurdo e directo.

Lugar de celebración: Sala municipal de exposicións [Casa da Cultura]

Data e hora: venres, 22 de outubro ás 18:00 h.

Entrada de balde ata completar o aforo. Reserva de localidades no correo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org

Espectáculo patrocinado polo programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2021-10-22
Documentos
MeRe_Clown.pdf (1.45 MB)