15-10-2021
     
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

LER CONTA MOITO: PAKOLAS "RAMONA ÓRBITA"

Para celebrar o mes das bibliotecas, a BPM de Brión presenta o terceiro de cinco espectáculos que van celebrarse ao longo do mes de outubro:

"Ramona Órbita" con Pakolas

Sinopse:
Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprendernos a protexer a natureza!!! Espectáculo musical baseado no libro-disco do mesmo título publicado por Ed. Galaxia.

Lugar de celebración: Sala municipal de exposicións [Casa da Cultura] (Se as condicións meteorolóxicas o permiten, trasladarase á Carballeira de Sta Minia para ampliar o aforo)

Data e hora: venres, 15 de outubro ás 18:00 h.

Entrada de balde ata completar o aforo. Reserva de localidades na biblioteca municipal, no tfno. 981 50 99 69 (de 17:00 a 22:00 h.) ou no correo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org AFORO DA SALA COMPLETO. RESERVA EN LISTA DE AGARDA.

Espectáculo patrocinado polo programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Fecha Fin
2021-10-15