29-10-2021
     
Sala Municipal de Exposición de Brión

LER CONTA MOITO: RIGOLETTO TEATRO "CANTANDO CON PINOCHO"

Para celebrar o mes das bibliotecas, a BPM de Brión presenta o último dos cinco espectáculos que van celebrarse ao longo do mes de outubro:

"Cantando con Pinocho" con Rigoletto Teatro

Sinopse:
A Fada de Cabelos turquesa do conto de Pinocho contaranos o conto que enlazará cantando en directo as cancións compostas para a adaptación da obra teatral de Pinocho, que actualmente xira por Galicia. Cancións que tratan temáticas como a liberdade, amizade, a importancia de perseguir un soño, etc.Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de sensibilidade.

Lugar de celebración: Sala municipal de exposicións [Casa da Cultura]

Data e hora: venres, 29 de outubro ás 18:00 h.

Entrada de balde ata completar o aforo. Reserva de localidades no correo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org

Fecha Fin
2021-10-29