40ª Carreira Pedestre Popular da Amaía

Linea de saída da Carreira Pedestre Popular da Amaía
O proba cumpriu o seu corenta aniversario cunha gran participación de deportistas en todas as categorías

O domingo 1 de outubro celebrouse en Brión a Carreira Pedestre Popular da Amaía, unha das probas deportivas máis senlleiras da comarca. A competición, que este ano cumpriu o seu corenta aniversario, reuniu máis de 300 participantes, 166 deles na categoría absoluta.

A xornada deportiva comezou ás 9:00 h coa recollida de dorsais na liña de saída/meta. A proba absoluta arrancou ás 10:00 h., cun percorrido total de 10.000 m. Unha vez rematada, comezaron as carreiras do resto de categorías, que se prolongaron ata aproximadamente as 13:00 h.

Os resultados desta competición, nas súas diferentes categorías, poden consultarse no portal web de Carreiras Galegas.

As galerías coas imaxes da proba atópanse dispoñibles nas seguintes ligazóns:

Galería I: Carreira absoluta

Galería II: Podios

O Concello de Brión desexa agradecer a todas as persoas participantes a asistencia a unha proba deportiva que, tras corenta anos de celebración, consolídase coma unha das competicións de atletismo máis destacadas da bisbarra. Un logro que non sería posible sen a vosa participación.