Coñecemos o alumnado premiado no XXXV Concurso de Tarxetas de Nadal

Imaxe de encabezamento cun unha mostra da obra gañadora
Por fin coñecemos a identidade das pequenas creadoras e pequenos creadores que este ano acadaron recoñecemento no 35º Concurso de Tarxetas de Nadal convocado polo Concello de Brión.

Como cada Nadal, o Concello de Brión convocou unha nova edición do tradicional Concurso de Tarxetas, un certame de creación artística destinado á poboación escolar brionesa de Infantil e Primaria do CEIP de Pedrouzos, a EEI de Os Ánxeles e a EEI de Sabaxáns (Bastavales). Un ano máis, o xurado non tivo fácil a escolla das postais gañadoras entre todas as presentadas a concurso, por mor da enorme creatividade e gran calidade artística mostrada polas crianzas participantes no certame.

Como recoñecemento, as crianzas galardoadas recibirán nos centros escolares, nas vindeiras semanas, un diploma acreditativo e vales de 30, 25 e 20 euros intercambiables por libros, xogos ou material escolar. 

RELACIÓN DE ALUMNADO GAÑADOR DOS PREMIOS TARXETAS NADAL 2025

CEIP PEDROUZOS

INFANTIL:

  1. Rodrigo García Blanco (5º)
  2. Brais Barreiro García (6º)
  3. Marco Carreño Vidal (4º)

1º CICLO:

  1. Carme Mosquera Nieto (2ºC)
  2. Daniela Lago Expósito (1ºA)
  3. Hugo Riveiro Duarte (1ºB)

2º CICLO:

  1. Antón Gómez Bouzas (3ºB)
  2. Carla García Pérez (3ºB)
  3. Mía Mouriño Rodríguez (3ºA)

3º CICLO:

  1. Genoveva Cerviño Fernández (6ºA)
  2. Carla García Salgado (6ºD)
  3. Iria Castro López (5º)

EEI SABAXÁNS

  1. Carlota Mouriño Rodríguez
  2. David Pérez castro
  3. Edu Souto

EEI ÁNXELES

  1. Bruno Seage Picallo
  2. Erea García Casal
  3. Maia Bóveda González

A todas as crianzas, moitas grazas por participar. Parabéns ás persoas gañadoras!