Desmontando mitos en torno á conduta suicida

Conduta Suicida
O martes 14 de Novembro vaise celebrar unha charla de sensibilización, aberta á toda a poboación, ás 19:30h. no Centro Social Polivalente do Concello de Brión.

O programa FALAMOS, xurde ante a detección dunha elevada incidencia de suicidio en Galicia, e coa finalidade de mellorar o coñecemento xeral da poboación sobre a conduta suicida e a súa prevención. Esta inciativa forma parte do programa integral no ámbito rural para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio.

O Concello de Brión está a participar neste programa da man da Asociación Andaina Pro Saúde Mental, poñendo en marcha unha campaña de mellora na detección e intervención en risco de suicidio que deu comezo o día 1 de outubro, coa instalación dunha mesa divulgativa no espazo de celebración da Carreira Pedestre da Maía.  

O próximo acto desta campaña celebrarase o martes 14 de novembro ás 19:30 horas, no Centro Social Polivalente. Trátase dunha CHARLA INFORMATIVA que contribuirá a desmitificar a conduta suicida, concienciar sobre a importancia do coidado emocional en situación de crise, e ofrecer ferramentas de detección e manexo da conduta suicida.

Esta charla está aberta a calquera persoa que desexe participar, e non precisa de inscrición previa.

Mais información nos teléfonos: 698149915 / 981076405