En abril, iníciase unha nova edición do ciclo FEGATEATRO

Carteis das funcións teatrais programados no FEGATEATRO no mes de abril
Comeza unha nova edición do ciclo de teatro amador FEGATEATRO, unha iniciativa cultural que nace da colaboración do Concello de Brión e a FEGATEA

En abril, iníciase unha nova xeira do ciclo de teatro afeccionado FEGATEATRO. Os sábados 6, 20 e 27 de abril, o público interesado poderá acudir ao Centro Social Polivalente de Brión para asistir ás tres representacións programadas, que se celebrarán ás 20:00 h. con entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

O ciclo, que pretende crear unha oferta cultural sólida arredor das artes escénicas que contribúa á creación de novos públicos mediante unha programación estable e axeitada ás demandas de cada localidade terá continuidade en outono. Os días 5, 19 e 26 de outubro e o 9 de novembro regresarán as funcións do FEGATEATRO cun novo programa do que informaremos chegado o momento.

Programación do FEGATEATRO en abril

Día 6 de abril: "Río Bravo" da Asociación Cultural e Teatral Catro Gatos.

HORA: 20:00 h. | LUGAR: Centro Social Polivalente
Xénero: Comedia | Para tódolos públicos | Duración: +50 min.

Máis información

Día 20 de abril: "Vacacións" de A Tequerreté Teatro

HORA: 20:00 h. | LUGAR: Centro Social Polivalente
Xénero: Traxicomedia | Para público adulto | Duración: +50 min.

Máis información

Día 27 de abril: "Un mal día teno calquera" de Teatro de Cámara DITEA

HORA: 20:00 h. | LUGAR: Centro Social Polivalente
Xénero: Comedia | Para público adulto | Duración: +50 min.

Máis información