O municipio de Los Llanos de Aridane (La Palma) abre unha conta bancaria para donativos

Erupción volcánica
A iniciativa solidaria centraliza donativos para axudar as persoas damnificadas pola erupción volcánica de "Cumbre Vieja"

O Ayuntamiento de Los Llanos de Aridane (La Palma), un dos municipios máis afectados pola erupción do volcán de Cumbre Vieja, ven de solicitar a urxente colaboración de todas aquelas persoas e institucións que desexen facer unha achega económica a prol das familias afectadas por este fenómeno natural.

A través dun comunicado público que pode lerse na súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/aytoAridane (entre outros medios), o consistorio pon a disposición pública unha conta bancaria para centralizar as doazóns solidarias de particulares, empresas ou calquera tipo de entidade que desexe colaborar. Toda a información ao respecto pode consultarse na web oficial do municipio palmense: https://www.aridane.org/index/index.php

Dende o Concello de Brión queremos difundir entre toda a veciñanza esta iniciativa solidaria impulsada dende outra entidade local. Asemade, lembramos que a solidariedade coas familias afectadas pola erupción volcánica de La Palma tamén pode canalizarse a través doutras entidades e ONGs como Cruz Roja Española. (https://www2.cruzroja.es/) que dispón dunha campaña especifica para axudar ás persoas afectadas (https://www2.cruzroja.es/-/ayuda-afectados-volcan)