XXXVIII Carreira Pedestre Popular da Amaía

Imaxe da XXXVII Carreira Pedestre da Amaía celebrada en 2019
Dende hoxe e ata as 14:00 h. do 29 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar na edición deste ano dunha das probas máis senlleiras do atletismo da bisbarra.

Tras 37 edicións celebradas, a Carreira Pedestre da Amaía converteuse nunha das probas de atletismo máis destacada do actual panorama galego, acadando un recoñecemento que a converte nun dos eventos deportivos de referencia da comarca Compostelá.

En 2021, por mor da pandemia provocada pola COVID 19, a organización decidiu cambiar tanto o lugar de celebración como o percorrido da proba para trasladala dende a contorna da Carballeira de Santa Minia ao Parque de Pedrouzos (un lugar moito mais amplo e aberto onde resulta máis doado controlar que non se produzan aglomeracións), reducindo ao mesmo tempo a distancia do percorrido de 10.000  a 5000 m. (Máis información en http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com)

A organización deste evento deportivo corre integramente a cargo do Concello de Brión coa colaboración do CLUB DEPORTIVO BRIÓN HYUPERSA SANTIAGO e baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago).

Aberto o prazo de inscrición de participantes na proba

Dende hoxe e ata as 14:00 h. do 29 de setembro de 2021 permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar na 38ª edición dunha das probas máis senlleiras do atletismo da bisbarra. A inscrición tramítase exclusivamente en liña e non se admiten altas fóra do prazo establecido.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a inscrición na proba a través dun formulario en liña ao que poderán acceder a través das seguintes ligazóns:  

No blog da Carreira Pedestre da Amaía

Na web de Carreiras Galegas