01-09-2021
     
8-11 Anos: día 1 de 10.30 a 13.30. 12-15 Anos: día 3 de 10.30 a 13.30
Aula CEMIT. Carballeira de Santa Minia 2. Brión

OBRADOIRO DE PROGRAMACIÓN: STEAM, DERRUBANDO ESTEREOTIPOS

Obradoiro de programación para a rapazada de 8 a 15 anos de idade na Aula CEMIT de Brión. 

Con Makey Makey podemos crear de xeito interactivo para experimentar, investigar e practicar a programación con Scratch, linguaxe de programación sinxela especialmente creada para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación.

Neste obradoiro traballaranse actividades de circuítos en papel co que poderemos facer postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...

O obradoiro será 2 días e faranse dous grupos:

- Día 1 de 10.30 a 13.30 horas: rapazada de 8 a 11 anos

- Día 3 de 10.30 a 13.30 horas: rapazada de 12 a 15 anos

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2021-09-03