26-11-2022
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente

OUTONO CULTURAL 22 | SÓS

Malasombra Teatro presenta en Brión: "Sós"

SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso.
Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse, porque a pesar de que hai moitas cousas que os separan, teñen algo moi importante que os une: os dous están sós e necesítanse mutuamente para saír adiante.
“SÓS” é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

Data e hora: Sábado 26 de novembro ás 20:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2022-11-26