OUTONO CULTURAL |Teatro profesional | "Boa sorte, mala fama" de Tarabela Creativa
A compañía Tarabela Creativa presenta en Brión a obra "Boa sorte, mala fama"
Dirección, dramaturxia, narración oral: Carmen Conde | Elenco: Mariña Pena
Sinopse:
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.
Público adulto | Traxicomedia
DATA: venres, 14 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala. É preciso reservar butaca na Billeteira Municipal
Espectáculo co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña