12-12-2025
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

OUTONO CULTURAL |Teatro profesional | "Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller" de Serea Teatro

A compañía Serea Teatro presenta en Brión "Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller"

Elenco: Noelia Papín, Gemma do Carmo  | Texto orixinal e dirección: Noelia Pampín

Sinopse:

As doentes sempre minten. Nunha casa branca, nalgún lugar do mundo, Elena ten a súa consulta de psicoloxía. Ese día, recibe a chamada de Lilíth, advertíndolle sobre a dificultade da vindeira sesión, máis ela non ten medo.  Cando chega a doente, Elena sabe que terá que usar todas as súas armas para poder mergullarse na mente de Ledicia. A doente desconfía de Elena dende o primeiro momento e do seu protocolo. Elena é consciente e muda a estratexia. Ao longo da sesión irá transformándose no que Ledicia demande. Mudará en confidente, en amiga, en nai, en xuíz e en vítima. Bailará ao son que marque Ledicia. Xogará ao xogo segundo as súas regras. Fará todo o que sexa para que a muller confese os seus pecados e así xuntas as dúas, da man, cumprir a penitencia.

Público adulto | Drama

DATA: venres, 12 de decembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala. É preciso reservar butaca na Billeteira Municipal

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-12-12