07-11-2025
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña)

OUTONO CULTURAL |Teatro profesional | "Made in Galiza" de Sarabela Teatro

O grupo Sarabela Teatro presenta en Brión a obra "Made in Galiza"

Autor: Sechu Sende | Dirección: Fina Calleja | Dramaturxia: Fernando Dacosta e Fina Calleja | Elenco: Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo, Josito Porto

Sinopse:

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “MADE IN GALIZA” é un convite á República Independente da nosa  língua. Non imos perdela nin en soños!

Público adulto/mozo (+12 anos) | Comedia

DATA: venres, 7 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala. É preciso reservar butaca na Billeteira Municipal

Espectáculo co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-11-07