OUTONO CULTURAL |Teatro profesional: "Neura"
De Ste Xeito Producións presenta en Brión a obra "Neura"
Sinopse:
Neura é unha comedia que aborda o tema da saúde mental. Iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Algunhas delas tentan escondelas mentres exhiben outras orgullosos. Ás veces toléranas, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor. Unha historia que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos “ex”. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que nos comportamos coma se fosen perfectos descoñecidos.
Os azares da vida fan que se volvan a atopar en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras.
Público adulto/mozo (+12 anos) | Comedia
DATA: venres, 31 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala. É preciso reservar butaca na Billeteira Municipal
Espectáculo co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña