30-10-2026
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

OUTONO CULTURAL | Teatro | REDRUM: Nas nubes

A compañía Redrum Teatro presenta en Brión o seu espectáculo "Nas nubes"
XV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques de adultos 2022

Unha obra de José Luís Baños de Cos.

Elenco: Xúlio Abonjo, Carlota Mosquera e Guillermo Carbajo | Dirección: Alex Sampayo

Xénero: Comedia | Público adulto | Duración: 60 min.

Sinopse:

Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado. En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques?

Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes?

Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser.

DATA: venres 30 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.

Espectáculo patrocinado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-10-30