15-03-2024
     
20:00h.
Centro Social Polivalente

Presentación da Andaina Terras de Altamira coa actuación de FEDERICO PÉREZ

A proba vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro venres día 15 de marzo as 20h. no Centro Social Polivalente do Concello de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, e na que tamén estarán presentes Pablo Lago Sanmartín , Alcalde de Brión; Javier Rico, delegado do reitor da USC para o Deporte e para a Igualdade; membros da Asociación O Esquio No Piñeiro e diversas autoridades da Federación Galega de Montañismo.

Nesta gala explicaranse os pormenores da proba, falarase das novidades do percorrido para este ano 2024 e tamén contaremos coa gran actuación de:

- Federico Pérez Rey recoñecido actor e humorista galego con papeis en series como Padre Casares, Air Galicia, La Casa de Papel... e galardoado nos premios Mestre Mateo do ano 2023 como mellor actor de reparto pola película O Corpo Aberto.

Para asistir a esta presentación será necesario retirar invitacións na web billeteria.concellodebrion.gal

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-03-15
Documentos