01-12-2023
     
Decembro de 2023 e xaneiro de 2024
Concello de Brión

Programación cultural e de lecer para o Nadal

O Concello de Brión presenta a programación especial cultural e de lecer para as vindeiras festas de Nadal. Esta programación, que se desenvolverá durante os meses de decembro de 2023 e xaneiro de 2024, traerá ao noso concello teatro, contacontos, música, concursos, actividades para as persoas máis pequenas da casa, solidariedade, monicreques e a tradicional visita das SS.MM. Os Reis Magos de Oriente que, como ven sendo habitual nos últimos anos, realizarán unha visita a cada parroquia de Brión para recibir en audiencia a todos os nenos e a todas as nenas do concello.

#unnadalenbrion

Fecha Fin
2024-01-06