30-06-2023
     
16:00-19:30 h.
Carballeira de Santa Minia

V CONCURSO DE PINTURA E DEBUXO DO ENCONTRO COA ARTE 2023

Dentro das actividades programadas no XVI Encontro coa Arte: Lembrando Francisco Fernández del Riego, celebrarase o 𝐕 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐢𝐧𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐞 𝐃𝐞𝐛𝐮𝐱𝐨 do Encontro.

LUGAR: Carballeira de Sta Minia.
DATA E HORA: venres 30 de xuño, de 16:00 ata as 19:30 h.

PARTICIPANTES: Público infantil e xuvenil de entre 4 e 17 anos. Haberá tres categorías:
A.- Nenos e nenas de 4 a 6 anos.
B.- Nenos e nenas de 7 a 10 anos
C.- Mozos e mozas de 11 a 17 anos.

PREMIOS POR CADA CATEGORÍA:
1º Premio: Diploma e vale de 50 € para libros, xogos ou material escolar.
2º Premio: Diploma e vale de 30 € para libros, xogos ou material escolar.
3º Premio: Diploma e vale de 20 € para libros, xogos ou material escolar.

INFORMACIÓN XERAL:
As obras poderán ser realizadas con total liberdade de técnicas e de materiais, en tamaño non inferior a un formato DIN A4.
Cada participante concursará provisto de todo o material que poida necesitar para realizar a súa obra, incluído cabalete en caso de necesitalo.
As obras deberán presentarse sen sinatura, incluíndo ao dorso os seguintes datos do/a autor/a: Nome, apelidos e idade.

Consulta toda a información sobre esta actividade nas BASES DE PARTICIPACIÓN

Anímate a participar e celebrar o Encontro coa Arte!

Fecha Fin
2023-06-30