02-01-2023
     
17:30 h.
Centro Social Polivalente

XXVII FESTIVAL DE TÍTERES DE BRIÓN

Lugar de celebración: Centro Social Polivalente
Hora: 17:30 h.

Todas as funcións dirixidas a público Familiar. Entrada de balde ata completar aforo.

ESPECTÁCULOS:

LUNS, 2 DE XANEIRO

MIRCROMINA TEATRO (Galicia): "Raio de Loubican"

Idades recomendadas: A partir de 3 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: mixta, guante, variñas, percutido e actor
Idioma: galego

Sinopse: Dúas historias mesturadas que conflúen no mesmo punto. O Gyrovago, cansado de dar voltas, chega a unha taberna onde escoita a historia dun can preso ceibado por unha loba. Na súa travesía polo monte atopa a Raio, fillo da liberdade, e ambos os dous senten amor a primeira vista. A partir deste momento as súas vidas quedan ligadas para sempre. Se tes sorte, pode que chegues a gozar do seu espectáculo!

MARTES, 3 DE XANEIRO

MARIONETAS RUI SOUSA (Portugal): “Marionetas musicais”

Idades recomendadas: A partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: musical con marionetas de fío
Idioma: galego, portugués

Sinopse: As marionetas musicais chegaron ata aquí para levarnos nunha viaxe pola música e polo mundo. Hai moitos artistas e moitos lugares no mundo polos que pasaremos. Da Samba ao Jazz, do Celta ao Folclore, serán milleiros de quilómetros, centos de notas musicais e ducias de fíos que, tirados, darán o movemento axeitado aos nosos artistas de madeira. Viaxamos nun mundo de cores, encanto e alegría con monicreques musicais. Un espectáculo para nenos de 3 a 103 anos.

MÉRCORES, 4 DE XANEIRO

Larei Lará (Galicia): “Dinosauros. O regreso dos saurios”

Idades recomendadas: A partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: variñas, monicreques
Idioma: galego

Sinopse: Ollos ben abertos para gozar dun espectáculo visual e musical onde o misterio e os dinosauros cobran vida para facer pasar unha experiencia única e moi argalleira. O famoso arqueólogo Florentino Amechuino descobre a Dino, un dinosauro do Xurásico moi peculiar que se mantivo oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico. Ante o asombro de Florentino, Dino revive. E a isto súmase un malvado chamado Katraska... que soña cun ovo misterioso atopado na Patagonia Arxentina. Unha viaxe chea de aventuras que nos transportará a un mundo fascinante.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-01-04