Case medio milleiro de veciños e veciñas recuperan a Festa dos Maiores de Brión

Festa dos Vellos 2022

Case cincocentos veciños e veciñas participaron este domingo na Festa dos Maiores do Concello de Brión, unha das celebracións máis antigas da provincia que volveu ter lugar despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia sanitaria. O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, foi o encargado de darlles a benvida aos maiores que, tras a tradicional misa que tivo lugar no patio do IES Brión a cuberto da chuvia intermitente da xornada.

Tras picar un pouco de bica e botar unhas bailas ao ritmo dun grupo de gaiteiros e da artista local Ruth Cundíns, os maiores desprazáronse uns metros ata o polideportivo municipal de Pedrouzos, onde tivo lugar o xantar de confraternidade. Unha comida da man da Pulpería Potel a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro e queixo con marmelo.