ASESORIA SOBRE VIOLENCIA SEXUAL
O Concello de Brión pecha o programa de actividades arredor do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cun relatorio fundamental para entender, apoiar e previr.
📅 Luns 1 de decembro
🕕 18:00 – 19:30 h
📍 Centro Social Polivalente
🎙 A cargo de Lara Fuentes, psicóloga
Falaremos do desexo, da liberdade, dos medos, da fantasía… e de que podemos facer se somos vítimas ou testemuñas de violencia sexual.
A reflexión, a información e o acompañamento son ferramentas esenciais para construír unha sociedade máis xusta, segura e libre para todas.
💜Actividade de balde. Inscricións no 981 509 910 ou mediante o código QR do cartel.
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-12-01
Documentos
Cartel asesoria sobre violencia sexual.pdf
(1014.81 KB)