CONCERTO | SILENT FEEL
Silent Feel presenta en Brión un espectáculo musical cun amplo repertorio de éxitos do Pop internacional das décadas de 1980 e 1990.
Intérpretes: Simone Delgado- vocalista, Iván Barreiro- guitarra, Rafa Morales-baixo, Carlos Arévalo- batería
Grupo musical de versións creado en Santiago de Compostela a finais de 2025 que recrea éxitos do Pop Internacional dos 80',90', con arranxos de seu. Funk, Soul,Pop, Reggae, crean un excelente abano musical no seu repertorio, interpretado con selo propio por estes catro músicos de recoñecida traxectoria nacional e internacional que se unen para estrear este novo proxecto: "SILENT FEEL".
DATA: 14 de marzo
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.