DOAZÓN DE SANGUE
👉 O vindeiro martes 23 de xuño, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará no Concello de Brión 𝗱𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗼 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗱𝗲 𝗣𝗲𝗱𝗿𝗼𝘂𝘇𝗼𝘀. 🕘 𝘿𝙚 𝟭𝟱:𝟯𝟬 𝙖 𝟮𝟭:𝟬𝟬 𝙝𝙤𝙧𝙖𝙨
👉 O verán é a época do ano de maior dificultade para acadar as doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes. Coa suma de esforzos de todos será posible acadar as máis de 20.0000 doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos durante este verán, para atender a preto de 6.500 doentes que requiren tratamento con compoñentes do sangue para recuperar a saúde.
⚠️ Recorda que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non esquezas traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar ao médico se estas a tomar algún medicamento. Non fagas unha comida copiosa antes de doar.
👉 Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros.
📱 Dúbidas 900 100 828
#ÚnenosOSangue #súmateaonosoequipo