ROMARÍA DE STA. MINIA 2026 | CONCERTO: EMBRÍO
Embrio achégase a Brión para presentarnos a súa visión do mítico grupo Pink Floyd, banda británica considerada unha icona cultural do rock do século XX e unha das máis influentes na historia da música. Embrío versiona a música de Pink Floyd desde unha nova perspectiva: emprega o galego nas letras.
Compoñentes: Tono Lado (guitarra), Luis “Yiyo” (batería), Ramón Moas (guitarra e coros), Jerry (teclados e coros), Manuel M. Reino (baixo e voz).
DATA: sábado 26 de setembro
HORA: 19:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Carballeira de Sta. Minia.
Acceso libre.
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-09-26