OUTONO CULTURAL | Teatro | AMORODIO: Brazaletes
A compañía Amorodio Teatro presenta en Brión o seu espectáculo "Brazaletes"
Unha obra de Ernesto Is.
Elenco: Javier Castiñeira | Dirección: Santiago Cortegoso
Xénero: Documento | Formato: Monólogo | Público adulto | Duración: 60 min.
Sinopse:
28 de setembro de 1975. Campos de Sport de El Sardinero. Domingo de partido.
O Racing de Santander recibe ao Elche na xornada catro do campionato de Primeira División. O colexiado asubía e o encontro dá comezo. Sobre o céspede, o xogo discorre con absoluta normalidade, mais un murmurio agroma na grada cada vez que os xogadores locais Aitor Agirre e Sergio Manzanera tocan o balón. Nas mangas branquiverdes das súas camisas, o dianteiro centro e o extremo racinguistas levan dous cordóns negros a modo de brazaletes. Eles dous foron as únicas persoas, das miles que estaban naquela tarde no estadio santanderino, que, con ese pequeno xesto, se atreveron a desafiar a unha ditadura agonizante e a protestar contra os derradeiros fusilamentos do réxime franquista.
Brazaletes, a nova produción de Amorodio Teatro, toma a acción simbólica de Agirre e Manzanera para reconstruír a historia dos últimos fusilamentos do franquismo e das reaccións da sociedade civil da época, a través dunha mirada contemporánea e crítica sobre a complexa relación entre o fútbol e a política.
DATA: venres 13 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.
Espectáculo patrocinado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña