04-11-2025
     
Centro Social Polivalente

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O Concello de Brión presenta o seu programa de actividades arredor do 25 de novembro, centrado en dous obxectivos principais:

  • Difundir información sobre os recursos legais, psicolóxicos e económicos dispoñibles para facer fronte ás distintas formas de violencia machista.

  • Poñer o foco na reparación e no encontro entre mulleres de todas as idades.

Haberá obradoiros, relatorios, teatro e andainas, con actividades gratuítas que convidan á reflexión e á acción colectiva.

As prazas son limitadas e cómpre inscrición previa no teléfono 981 509 910 ou a través do formulario: https://forms.gle/8WVh6F9HX4cRj9th6

O espectáculo teatral conta con inscrición na billeteira: billeteira.concellodebrion.gal

Brión únese un ano máis á loita pola eliminación da violencia contra as mulleres.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-11-01
Documentos