15-12-2023
     
18:00 h.
Carballeira de Santa Minia

Acendido das luces de Nadal de Brión

O día 15 de decembro, participa no Acendido das Luces de Nadal de Brión.

Achégate á Carballeira de Santa Minia para gozar dun completo serán de benvida do Nadal en Brión.

Actividades:

  • Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
  • Concerto da Banda de Música Municipal de Brión.
  • Mercadiño de Nadal, organizado polo alumnado de 6º curso de Primaria do CEIP de Pedrouzos.

Ademais, poderá participar nun sorteo para ser a persoa que acenda o Nadal de Brión. Recollida de participacións na Casa da Cultura a partir das 17:00 h.

Non te esquezas, o venres 15 de decembro, ven a acender o Nadal de Brión!