29-12-2025
     
17:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

BO NADAL - CONCELLO DE BRIÓN | XXX FESTIVAL DE TÍTERES

Regresan os monicreques a Brión por Nadal e Aninovo. O Concello de Brión organiza o XXX Festival de Títeres, que se vai celebrar en decembro de 2025 e xaneiro de 2026.

Programación:

Luns 29 de decembro

TANXARINA: “A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica”

Sinopse:

Un espectáculo de teatro infantil con monicreques e música. Unha disparatada comedia de aventuras protagonizada por algunhas das personaxes máis senlleiras da literatura infantil galega.

O rato que coida da Biblioteca Galáctica descobre que unha ameaza se torna sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis. Nunha loita contra o reloxo, o rato bibliotecario Ramón Lamote e Sara deberán loitar contra o malvado profesor Smith e a súa IA fantástica para liberar os seus amigos Toribio, Espantallo Amigo e Lobo Namorado da súa maléfica influencia.

A adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un canto á amizade, á solidariedade e unha defensa dos libros, da lectura e da palabra escrita fronte a unha Intelixencia Artificial que quere acabar coa imaxinación e a fantasía.

Martes 30 de decembro

CARMEN DOMECH: “O Grúfalo”

Sinopse:

"O Grúfalo" está baseado no texto do libro de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffer para o deseño dos monicreques.

Conta a historia dun ratiño que pasea polo bosque e atópase cun raposo, cun moucho e cunha serpe. Os tres queren comelo. O enxeñoso ratiño crea un monstro imaxinario para sobrevivir. E cal é a súa sorpresa cando ve fronte a el a súa fantasía feita realidade. E con gañas de merendar... ratiños, por exemplo. Pero, o noso rato coa súa intelixencia, valentía, astucia e confianza en si mesmo sobrevivirá a todos eses depredadores máis feroces e fortes que el.

Venres 2 de xaneiro

JORGE REY TÍTERES: “A cheminea do Apalpador”

Sinopse:

As palabras e as historias esquecidas aínda non están perdidas, o noso amigo o Apalpador ten unha cheminea moi especial, tan particular que é capaz de gardar ese tesouro entre as súas pedras para que se manteña latente ao calor da cheminea. Son moitas as persoas que acoden a levar palabras, lembranzas, contos e historias, mesmo oficios que se están a perder. Hoxe imos coñecer moitos deles, pero temos que ter moito coidado cos ladróns da memoria para defender a nosa lingua galega e a nosa cultura.

Tódalas funcións no Centro Social Polivalente | Ás 17:30 h.
Entrada de balde ata compl­etar a capacidade da sala

Fecha Fin
2026-01-02