15-12-2023
     
18:00 h.
Carballeira de Santa Minia, Brión

Bon Nadal 2023: Uxía Lambona e a Banda Molona

O Acendido das Luces de Nadal en Brión estará acompañado da música de "Uxía Lambona e a Banda Molona". Despois de dar voltas e reviravoltas a Galicia, Uxía e a súa banda achéganse a Brión para presentar un espectáculo musical para toda a familia.

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Data: venres, 15 de decembro
Hora: Ás 18:00 h.
Lugar: Carballeira de Santa Minia

Espectáculo musical para tódolos públicos. Entrada de balde.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-12-15