Brión Inclúe 2025 | VIII Festival Cultura pola Inclusión
Regresa o festival Brión Inclúe coa súa oitava edición. Os días 3, 5, 10 e 13 de decembro, presentará unha programación que reivindica o dereito de todas as persoas a crear e consumir cultura.
PROGRAMA
MÉRCORES 3
11:15 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”
Pase para alumnos/as de Educación Infantil do CEIP de Pedrouzos e das Escolas de Educación Infantil dos Ánxeles e Sabaxáns
13:00 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”
Pase para alumnos/as de 1º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos
MÉRCORES 10
11:15 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”
Pasa para alumnos/as de 2º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos
13:00 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”
Pasa para alumnos/as de 3º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos
VENRES 5
11:00 h e 12:30 h | Mago Richard
Funcións para diversos colectivos de persoas con discapacidade
SÁBADO 13
18:00 h. | Os Náufragos Teatro: "Bulebule"
Público familiar
Sinopse:
Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construír ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada e facer un barco, tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH).
"Bulebule" é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala