20-02-2026
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

BRIÓN, UNHA HISTORIA QUE CONTAR: O SENTIR UNIVERSAL EN ROSALÍA

Regresa o ciclo de actividades de divulgación cultural "Brión, unha historia que contar" cun novo serán dedicado a Rosalía de Castro. Baixo a denominación de "O sentir universal en Rosalía", poderás gozar dunha experiencia artística na que participan a actriz Chiruca Tarrío (como Rosalía) e o músico e escritor Francisco Castro. Tamén estará implicado o grupo Teatro das Maniotas do IES de Brión.

DATA: venres 20 de febreiro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Unha actividade organizada polo Concello de Brión e Latexos de Turismo no mes que celebramos o 23 de febreiro, Día de Rosalía

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-02-20