11-12-2023
     
Do 11 ao 21 de decembro
Concello de Brión

Concurso de Decoración de Nadal #unnadalenbrion

Un Nadal máis o Departamento de Cultura do Concello de Brión organiza o concurso de decoración de Nadal #unnadalenbrion. Un certame onde toda a veciñanza poderá participar compartindo no Facebook imaxes que mostren a decoración de Nadal realizada en fogares particulares ou en locais comerciais con motivo destas datas tan significativas.

Prazo para participar: Do 11 ao 21 de decembro de 2023

Moi importante:

  • Unha soa fotografía por persoa participante.
  • Compartir a imaxe de forma pública no Facebook coa etiqueta #unnadalenbrion e mencinar nela a @concellodebrion
  • Na descrición da imaxe, ademais do cancelo #unnadalenbrion, debe incluír o lugar onde está tomada e a persoa autora da mesma
  • Nas imaxes non deben saír persoas identificables e non poderán reflectir actitudes ou contidos sexistas ou que danen a sensibilidade das persoas.

Aquelas persoas que non dispoñan de Facebook, poderán enviar as imaxes ao enderezo de correo electrónico: casaculturabrion@gmail.com para seren publicadas directamente na páxina de Facebook do Concello de Brión.

As tres fotografías que reciban máis “me gusta” ata o día 21 de decembro (solo se contabilizarán os “me gusta” recibidos, ningunha outra opción será valida) dentro da páxina de Facebook do Concello de Brión serán premiados con 3 cestas de produtos de Nadal.

Lembra consultar as bases completas de participación no documento ao pé.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2023-12-21