14-10-2023
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2023 - Hipócrita Teatro: “Arte”

O grupo Hipócrita Teatro presenta en Brión a obra "Arte"

DATA: sábado 14 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, sabe dicirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos. Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de vinte anos e compórtanse como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero. Axiña, todo isto mostraranos a fraxilidade das relacións humanas. A incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.

Xénero: Comedia. Público adulto. Duración: + 50 min.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

Fecha Fin
2023-10-14