30-09-2023
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2023 - Teatro Pesadelo: “Desaquelando”

A Federación Galega de Teatro Afeccionado e o Concello de Brión presentan unha nova xeira do ciclo de teatro amador FEGATEATRO.
O encargado de iniciar a programación deste ano é o grupo Teatro Pesadelo que presenta en Brión a obra "Desaquelando".

DATA: sábado 30 de setembro.
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente.

SINOPSE:

Se AQUELAR pode significar infinitas cousas na realidade galega….imaxinen vostedes o que pode dar de si o mundo de DESAQUELANDO. Dunha inverosímil conferencia que mestura textos de Manuel Núñez Singala e de Paco Luna, só podería nacer esta pequena e preciosa aberración. Partindo da análise do estúpido sentimento humano do orgullo, Teatro Pesadelo libera no escenario todos os monstros, esperpentos e fenómenos que compoñen a nosa sociedade actual: a tecnoloxía, a nobreza, o fascismo, o futuro….todo son pezas dun sarcástico quebracabezas que Teatro Pesadelo converte nunha festa de ironía e crítica socio-política. Porque, sexamos sincer@s: Quen non estivo, algunha vez, orgulloso de algo nesta vida?

Xénero: Comedia. Público adulto. Duración: aprox. 50 min.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

Teaser da obra en Youtube

Fecha Fin
2023-09-30