07-10-2023
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2023 - Tiruleque: "Soutelo Enterprise"

O grupo Tiruleque Teatro presenta en Brión a obra "Soutelo Enterprise"

DATA: sábado 7 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos:
Que ten que ver Lionel Messi con Paquiño Cagarolas? Por que Anselmo ten uns gayumbos de Kevin Clain e Benito de Calvin Klain? Milucho, o alcalde de Buxo, será tal de matar todas as vacalouras do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado? Perderá o Boca Juniors ese partido contra o Paris Saint-Germain? Por que Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu Rafa?

Xénero: Traxicomedia. Público adulto. Duración: 60 min.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

Fecha Fin
2023-10-07