06-04-2024
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2024| CATROGATOS: Río Bravo

En abril, iníciase a programación do FEGATEATRO 2024, un ciclo de teatro amador organizado pola Concello de Brión e a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado). O primeiro dos espectáculos teatrais programados é "Río Bravo" da Asociación Cultural e Teatral Catro Gatos

DATA DE CELEBRACIÓN: sábado, 6 de abril
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Xénero: Comedia | Para tódolos públicos | Duración: +50 min.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

SINOPSE:

Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase Río Bravo, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western» e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia para ensanchar o imaxinario colectivo dun xénero tan icónico como os filmes de vaqueiros.

Máis información na web da FEGATEA

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-04-06