20-04-2024
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

FEGATEATRO 2024| A TEQUERRETÉ TEATRO: Vacacións

A compañía A Tequerreté Teatro presenta en Brión, "Vacacións"

DATA DE CELEBRACIÓN: sábado 20 de abril
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Xénero: Traxicomedia | Para público adulto | Duración: +50 min.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

SINOPSE:

Marta e Pedro, Helena e Antón son dúas parellas que celebran nun destino paradisíaco vinte e cinco anos de relacións, de amizade e de viaxes en común. Pero a alegría desbordante do principio vaise tornar nunha situación chea de equívocos, revelacións inconfesables e descubrimentos de feitos pasados que provocarán que todo cambie entre eles. Xa nada será igual, todo será distinto… ou quizais non.

Máis información na web da FEGATEA

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-04-20