26-09-2025
     
18:00 h. | 12:00 h.
Praza do Concello | Carballeira de Sta. Minia

IX FESTIVAL MONECADAS

Coincidindo coa celebración da Romaría de Santa Minia 2025, regresan a Brión os monifates do Festival Monecadas. Ao longo das tres xornadas festivas, catro compañías de teatro de títeres, procedentes de distintos puntos do Estado e Francia, achegarán ao noso concello a maxia e fantasía dos monicreques.

PROGRAMA

VENRES 26:

El Búho Teatro (Andalucía): "La Granja" 
18:00 h. | Praza do Concello

SÁBADO 27:

Títeres Alakrán (Galicia): "O xigante Barriga Verde"
12:00 h. | De ruada pola Carballeira de Sta. Minia

Grupo de Teatro Los Pintores (Asturias): "Los pintores"
18:00 h. | Praza do Concello

DOMINGO 28:

Pelele (Francia): "La muerte de Don Cristóbal"
18:00 h. | Praza do Concello

Funcións para tódolos públicos | Entrada de balde

Unha actividade de Titiriteiros da Comarca e o Concello de Brión.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-09-28