06-06-2025
     
18:00 h.
Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), Carballeira de Sta. Minia nº 5, Pedrouzos-Brión

MAIO CULTURAL - "CANTARUXA, CATUXA" CON AIDA COBAS

A actriz Aida Cobas presentará en Brión o espectáculo de narración oral “Cantaruxa, Catuxa”.

Un achegamento ao noso patrimonio inmaterial custodiado polas nosas persoas maiores, especialmente as mulleres que preservaron e transmitiron a nosa poesía tradicional oral.

Sinopse:

“Cantaruxa Catuxa!” repite Adolfina cada vez que a súa neta non a acompaña nas súas cantigas. Ela canta todo o tempo, en calquera momento e fai percusión co que teña á man. A Catuxa encántalle pasar tempo coa avoa, nunca se lle acaban as coplas e fan cousas moi divertidas por iso cando lle propón unha busca do tesouro no faiado non o dubida.

Data: venres, 6 de xuño de 2025
Hora: 18:00 h.
Lugar: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Para público familiar | Recomendado para crianzas de 3 a 12 anos

Espectáculo patrocinado polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Entrada de balde ata completar capacidade | Máis información e reserva de localidades

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-06-06